Más de 56.000 familias de 13 concellos da Mariña accederon a Internet de alta velocidade desde 2018
Adamo, artífice do despregamento de fibra óptica en Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, Xove e Viveiro, fará que Ourol, Trabada e O Vicedo accedan a esta tecnoloxía nos próximos meses.
Un total de 56.137 familias da Mariña accederon a fibra óptica ao longo do últimos cinco anos. O seu fogares atópanse en 13 dos 16 concellos que conforman a comarca, quedando, por tanto, só tres deles pendentes de instalación. A despregadura produciuse da man de Adamo, o operador que executou este traballo de enxeñería que supón un fito no desenvolvemento recente das comunicacións na provincia de Lugo.
Faltan Ourol, Trabada e O Vicedo
En concreto, os 13 concellos xa co servizo de telefonía, da internet ultrarrápido de ata 1.000 Mb e de TV á carta proporcionado por Adamo son Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, Xove e Viveiro. Desta maneira, Ourol, Trabada e O Vicedo están á espera de estrear a infraestrutura, o cal se producirá, de maneira progresiva, entre finais deste ano e principios de 2024.
Loita contra o despoboamento
É preciso lembrar que este avance nas telecomunicacións da Mariña impulsado por Adamo é un elemento crave para facer fronte ao despoboamento. É dicir, a fibra óptica como freo á marcha dos mozos que se rexistra desde hai anos en numerosos pobos galegos.
Ademais de axudar contra este temido fenómeno, a conexión a Internet de alta velocidade -os citados ata 1.000 Mb que fornece Adamo- permite realizar con garantías actividades hoxe habituais: teletraballo, educación en liña, compras por Internet, citas médicas telemáticas ou gozar de videoxogos, series e películas en remoto, entre outras.
Ola, veciño!
Co obxectivo precisamente de dotar de conexión de calidade aos sitios máis apartados, Adamo dispón dunha práctica ferramenta: Ola, veciño! Trátase dun formulario que se pode encher na web da empresa que lle permite a esta avisar ao interesado en canto a fibra chegue ao seu fogar. Así mesmo, en adamo.es, ao picar en chamámosche, un teleoperador poñerase en contacto co cliente, que tamén pode marcar o 1600 para recibir información e/o contratar produtos.
Adamo acumula 87.000 fogares da provincia
Cabe lembrar que a comarca forma parte de todo un plan de expansión da compañía, que acumula máis de 87.000 vivendas cableadas en 36 concellos lucenses desde 2018. Para sufragar tales actuacións, Adamo investiu 20 millóns de euros e contratou a 300 traballadores locais en enxeñería, despregamento, mantemento e comercialización.