Marta Looz, profesora de cábala hebrea e de ioga tibetano abre consulta en Foz

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
7 Abr 2019

A próxima semana comezará a súa andadura na Mariña lucense Marta Looz, profesora de cábala hebrea e de ioga tibetano e intérprete da árbore da vida persoal.
Tras un pasado exitoso no mundo da moda en Lugo alá pola década dos 90, como Marta Lastra, decidiu darlle un xiro á súa vida e agora dedícase a ler a árbore da vida e a impartir clases de ioga tibetano por medio mundo. Lucense e amante da Mariña decidiu apostar por esta comarca para dar continuidade á actividade que vén desenvolvendo noutros lugares de Galicia como Santiago, Rías Baixas, Ferrol ou Lugo.
Marta Looz explica que "a árbore da vida é un mapa que fala moitas cousas de ti e de todas as existencias do pasado. Refírese aos teus antepasados con matemáticas, cos teus apelidos e o teu nome imos saber muchísimas cousas do avó, do tatarabuelo e de todo cara atrás. Son cousas que non poderiamos pescudar doutro xeito, son emocionais, de traballo, da vida cotiá e pódenche axudar muchísimo a comprender a túa vida e solucionar problemas".
Esta profesora de cábala hebrea destaca "a árbore da vida ofrécenos unha cantidade de información moi importante para ti, para solucionar problemas. É unha visión xeral de como está a túa vida e de onde vén, das sementes de atrás. Moitas veces un neno ten un comportamento estraño e non se sabe por que e resulta que pode vir dun tatarabuelo, dun antepasado, e esa parte pódese eliminar e corrixir facéndose consciente de iso".
Marta Looz indica que "normalmente chega con facelo unha vez e lévasche unha grabación coa miña voz. É unha hora e media de grabación da miña voz, que che vai a contar muchísimas cousas de ti que logo vas analizar e será o que logo che axude a enfocar a túa vida. O traballo realizarao cada persoa na súa casa. O importante é que a persoa estea ben". Ofrece dous tipos de consulta: presencial ou online a través da web www.tuarboldevida.com As citas poden concertarse no seguinte número de teléfono 644 559 165 e tamén a través da dirección de correo electrónico info@tuarboldevida.com As consultas presenciales realizaranse no nº 2 da Rúa Fiallega, en Foz.

0.13047409057617