Maroto adianta que o estatuto das electrointensivas estará antes de finais de ano
A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, asegurou este xoves no Congreso que aprobará antes de final de ano o novo estatuto para as grandes industrias electrointensivas.
Na súa comparecencia ante a Comisión de Industria, Comercio e Turismo da Cámara Baixa, asegurou tamén que o seu departamento cominicou que se lanzou unha manifestación de interese —ou call of interest— para elaborar un mapa de grandes proxectos tractores para a modernización da industria, con impacto da súa transformación verde e dixital.
Sobre o esperado estatuto, pendente dende 2018, para a industria electrointensiva, Maroto asegurou que estará aprobado "antes de final de ano" aínda que sen concretar unha data fixa.
A titular de Industria asegurou que beneficiará a máis de 600 industrias con máis de 300.000 traballadores e que a súa aprobación, con medidas como as compensacións por custos de emisións indirectas de CO2 e o fondo de reserva para garantías para estas industrias permitirán "un marco de instrumentos ao servizo da gran industria que vai proporcionar maior estabilidade, seguridade e certeza en torno ao prezo da electricidade, e favorecer o investimento industrial"
A ministra avanzou tamén que haberá reformas da Formación Profesional dual e unha nova Lei de Industria para actualizar unha norma que se remonta a 1992 e un novo Pacto pola Industria, así como a transformación dixital da Industria. O ministerio elaborará un mapa de grandes proxectos para modernizar a industria.