Marlango, Austin Slack e Alfredo García Quintet no VII Festival de Jazz & Blues de Ribadeo
Ribadeo acollerá do 4 ao 11 de decembro o VII Festival de Jazz & Blues de Ribadeo no auditoriao Hernán Naval. Contará con artistas como Marlango, Austin Slack e Alfredo García Quintet.
PROGRAMACIÓN
- 4 de decembro, 20,00 horas: Marlango
Marlango é un grupo con claras influencias do jazz e o blues. O seu nome vén do tema I wish I was in new Orleans de Tom Waits, unha das súas referencias.
O proxecto Marlango xorde a finais do ano 98 en Madrid cando Leonor Watling, letrista e vocalista, e Alejandro Pelayo, pianista e compositor, gravan unha maqueta con catorce temas para piano e voz. En 2002 únese Óscar Ybarra, trompetista neoyorkino. Con esta formación, en 2004 Subterfuge edita o seu primeiro álbum Marlango con enorme éxito e unha xira por toda España de máis de 50 concertos esgotando entradas na maioría. Con este álbum conseguiron un disco de ouro e levaron a súa música a Xapón e Portugal.
En 2018 publican Technicolor ( Altafonte) co que se embarcaron nunha xira intermitente de presentación entre tetros e salas do noso país e México que se viron obrigados a interromper. Durante o confinamento, Alejandro Pelayo e Leonor, traballaron na distancia para dar a luz á Crúa a súa novo canción coa que regresan aos escenarios para volver celebrar “ a vida e a música”.
- 8 de decembro, 20,00 horas: Austin Slack
Austin Slack é un músico novo Británico que con tan só 21 anos tocou máis de 1400 concertos, incluíndo dúas xiras por toda España e tocar nun gran número de salas, festivais…
A súa carreira musical empezou coa guitarra e colaborou cunha gran cantidade de músicos e bandas como, Maná, Steve Vai e Love of Lesbian. Algúns das súas grandes influencias son John Mayer, Prince e Muse.
En 2018 gravou os seus dous primeiros EPs e un single cunha gran variedade de sons e estilos no que demostra a súa habilidade de poder compoñer, producir e cantar.
Foi destacado no Pais como o Prodixio do Rock onde o comparan con artistas de alto prestixio como Prince, Eric Clapton e Wham.
- 11 de decembro, 20,00 horas: Alfredo García Quintet
“ Blue Line” é o segundo proxecto de Alfredo García como líder dunha formación. A súa música, enraizada no jazz, aproveita o mellor doutros estilos ( funk, rock e world music).
Blue Line non é un proxecto que xurda da nada, xa que supón a continuación do seu traballo como compositor e intérprete. Este comezou con Alfredo García Quartet e o disco Riding into a New Path ( premio do xurado no concurso Fnac Jazz Fussion 2012), cuxo título xa suxire o que se propón neste novo traballo: un paso máis cara a un jazz aberto a múltiples estilos e influencias.
A súa inquietude como músico levoulle a investigar novos formatos e a probar diferentes rexistros de aí o paso de cuarteto a quinteto.
Line up: Alfredo García (guitarra e composición), Bruno Couceiro (batería), Iago Mouriño (piano), Jose García(saxo) e Pablo Sanmamed (contrabaixo).