Mario Saavedra presentará o seu novo libro o 26

TerraChaXa | AMariñaXa
Mario Saavedra detalla preto de 80 cruceiros en Mondoñedo no seu último libro.
11 Jan 2019

Mario Saavedra detalla preto de 80 cruceiros en Mondoñedo no seu último libro. O escritor Mario Saavedra Pérez rematou parte das súas investigacións sobre cruceiros cun detallado libro de análise das pezas achadas en Mondoñedo, e que conta a súa historia coa axuda da colaboración de xente da zona que contribuíu coas súas historias a completar dito estudo sobre cruceiros, cruces, cristos, esmoleiros e viacrucis.
A este proxecto sumanse os xa realizados sobre os achados en Alfoz, O Valadouro, Foz, Burela, Cervo e Xove, que non serán os últimos, pois Saavedra xa anuncia que quere rematar a catalogación destas obras populares e relixiosas da Mariña.
Un oficio xa case desaparecido, pero que tivo unha gran importancia no pasado e o estudioso chairego recorda que o seu traballo xa aparece reflectido en varias das obras escritas, pero todo nas lendas orais que foron pasando de xeración en xeración.

0.16069388389587