Mariñas, marosas e maruxainas, pode verse na oficina de turismo de Xove
A Oficina de Turismo de Xove acolle desde este martes e ata finais de agosto a mostra Mariñas, marosas e maruxainas, formada por 16 retratos e outros tantos textos de traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña.
As fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas. Da mesma maneira, os textos, de autoría feminina, visibilizan as historias de vida doutras mulleres anónimas.
A mostra forma parte do proxecto Amar a mar, coordinado pola xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e impulsado pola Deputaciónn de Luo polo 50 aniversario do Museo do Mar de San Cibrao, celebrado en 2021, que aborda, desde distintos enfoques temáticos, a importancia do mar na configuración cultural e material da comarca da Mariña.
Mariñas, marosas e maruxainas continúa así a súa itinerancia polos concellos da Mariña, despois de visitar Foz, Ribadeo e Barreiros.