Mariña Patrimonio promove unha nova intervención arqueolóxica en Cervo
O colectivo Mariña Patrimonio vén de promover unha nova intervención arqueolóxica na contorna do polígono de Cuíña en Cervo. O financiamento destes labores foi gracias á Deputación e ao Concello de Cervo.
Así, no xacemento do Coído na zona de Pedrosa, estase levando a cabo a primeira intervención deste colectivo. Nesta zona xa se tiña constancia de restos cerámicos, que sairon a luz fai un tempo tralo paso de camións pola zona.
A escavación comezou fai unha semana e os arqueoólogos xa atoparon unha abundante colección de anacos cerámicos da Idade de Bronce, incluso na propia superficie do terreo. Ademais, ao realizarse pequenas escavacións tamén se están a atopar outros en mellores condicións de conservación.
O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Patrimonio, Dolores García Caramés, achegáronse ata a zona onde, da man de Manuel Miranda e dos técnicos do Gabinete de Arqueoloxía que se encargan do traballo, puideron coñecer in situ o alcance dos traballos.
A través desta prospección facilitada desde o Concello de Cervo tratan de identificar e contextualizar restos de cerámica achados na zona; e que tal e como apuntan, e logo dunha primeira toma de contacto, parece que son cuantiosos; co fin de “valorar a potencialidade e o interese arqueolóxico desta pacela”.
Villares e Caramés puxeron en valor o gran traballo que desempeña a asociación Mariña Patrimonio, cuxos achados contribúen a enriquecer e potenciar os nosos valores históricos; que é tamén un recoñecemento aos nosos antepasados.