Mariña Patrimonio presenta en Mondoñedo o libro do xeólogo e ensaísta asturiano, Jaime Izquierdo Vallina
A Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio organiza a presentación do libro do xeólogo e ensaísta asturiano, Jaime Izquierdo Vallina, que ten como título De función pública, ¿Cómo va el mundo?.
O acto terá lugar no Pazo de Santomé en Mondoñedo ás 19.30 horas do día 6 de outubro e nel intervirán o autor Jaime Izquierdo mailo ilustrador Xosé Blanco.
Nesta obra, que é unha recompilación de artigos publicados polo autor en distintos medios de prensa ao longo dos últimos anos, abórdase a situación de abandono que sofre o medio rural, patrimonio natural e cultural imprescindible para garantir o futuro da nosa sociedade. Desde unha perspectiva, tanto científica coma humanista, o autor ofrece as claves que permiten comprender este fenómeno e as posibles solucións.