Mariña Patrimonio prepara unha visita polo patrimonio do Xove
Mariña Patrimonio está a organizar para o próximo sábado día 10 de decembro unha visita polo patrimonio do Xove. Nesta saída contarán coa colaboración de Lucía Meitín, especialista en cultura e patrimonio do Concello de Xove, e de Antón Niñe, gran coñecedor do patrimonio relixioso da nosa comarca.
Está previsto que visiten, en xornada de mañá, a Igrexa e o Pazo da Rigueira, a Igrexa de Xuances e San Tirso; en xornada de tarde, a aldea de Morás, onde escoitaremos falar das tradicións de Xove.
Aínda que a data límite para apuntarse remata o martes 6 de decembro, cómpre facelo canto antes para facilitar a organización da actividade, tendo en conta que hai un límite de participantes e terán prioridade aqueles que antes o comuniquen. Para máis información e coñecer os detalles desta visita a Xove, pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio.