Mariña Patrimonio organiza unha viaxe para coñecer o patrimonio do Courel

AMariñaXa
Mariña Patrimonio está a organizar unha viaxe ao Courel para coñecer parte do seu patrimonio.
Seceda Folgoso do Courel portada
14 Maio 2024

Mariña Patrimonio está a organizar unha viaxe ao Courel para coñecer parte do seu patrimonio. A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación, terá lugar o sábado 25 de maio. Pola mañá está previsto visitar o Val das Mouras, o Castro da Torre e a aldea de Seceda.

Tras unha pausa para xantar en Folgoso, o grupo acercarase a ver Montefurado e o pregamento xeolóxico de Campodola, antes de voltar para á Mariña. Durante toda a xornada, o arqueólogo Iván Ávarez Merayo fará de guía nesta visita ao patrimonio do Courel. As persoas interesadas en participar nesta viaxe poden contactar con Mariña Patrimonio a través do seu correo (mr.patrimonio@gmail.com) para obter a información necesaria sobre as condicións e o custe da actividade.

0.1840660572052