Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 18 de setembro unha saída ata o Concello das Pontes para coñecer a súa historia
Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 18 de setembro unha saída ata o Concello das Pontes para coñecer a súa historia e mailo seu patrimonio. Pola mañá, visitarase a exposición arqueolóxica Man a man, e continuará cun percorrido pola historia medieval deste Concello e rematará coa visita ao Museo Etnográfico Monte Caxado.
Tras unha pausa para o xantar, reanudaranse as actividades da tarde achegándose á historia industrial das Pontes. As diferentes visitas serán guiadas e dos pormenores da actividade informarase con máis detalle proximamente.