Mariña Patrimonio organiza unha nova conferencia

AMariñaXa
Mariña Patrimonio organiza unha conferencia que leva por título Un achegamento ao patrimonio inmaterial da Mariña.
marina patrimonio rada quintia
18 Out 2022

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia que leva por título Un achegamento ao patrimonio inmaterial da Mariña. Nela farase unha presentanción dos resultados do traballo de prospección e documentación de patrimonio inmaterial da Mariña realizado durante o ano 2021 polo antropólogo Rafael Quintía, da empresa Ab origine Antropoloxía S.L.L.

O proxecto de investigación foi promovido pola Asociación Mariña Patrimonio con fin de inventariar parte do rico patrimonio inmaterial dos concellos da Mariña como paso previo para a solicitude da súa futura catalogación e inclusión no inventario oficial da Xunta de Galicia.

O lugar será no Museo de Sargadelos o venres 21 ás 19.00 horas.

marina patrimonio rada quintia 1
0.053789138793945