Mariña Patrimonio organiza unha charla sobre os xacementos arqueolóxicos costeiros

Foz
AMariñaXa
Mariña Patrimonio organiza unha visita por Barreiros con xantar e festa en Santo Estevo do Ermo. Será o 10 de xuño
CONFERENCIA DE MARIÑA PATRIMONIO SOBRE OS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS COSTEIROS DE RIBADEO, BARREIROS E FOZ
6 Mar 2024

A Asociación Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado 9 de marzo unha charla sobre os xacementos arqueolóxicos costeiros de Ribadeo, Barreiros e Foz.

A charla, que conta coa colaboración do Concello de Foz e da Vicepresidencia - Área de Cultura da Deputación de Lugo, correrá a cargo de Manuel Miranda, presidente da asociación Mariña Patrimonio, e terá lugar ás 19.30 horas na Casa da Cultura de Foz.

No transcurso da súa exposición, o relator fará un percorrido polos xacementos arqueolóxicos costeiros dos citados concellos describindo as súas características, así como o estado no que se atopan na actualidade. Así mesmo, dará a coñecer novos xacementos costeiros descubertos nos últimos anos nestes concellos.

A asociación Mariña Patrimonio, na liña da súas actuacións, sostén que a divulgación do patrimonio arqueolóxico é fundamental para a súa protección e valorización. Neste senso, a charla busca non só informar senón tamén concienciar sobre a importancia de preservar para as xeracións futuras estes bens patrimoniais.

Como vén sendo habitual neste tipo de eventos, a entrada é libre e gratuíta, aberta a todo o público interesado no rico patrimonio arqueolóxico da nosa contorna.

0.18970394134521