Mariña Patrimonio organiza unha charla sobre a industria na comarca
Continuando coas actividades non presenciais, Mariña Patrimonio convocou para o vindeiro 27 de maio ás 19.00h a conferencia Dous séculos de industria na Mariña: de Sargadelos a Alcoa, que será impartida polo profesor Xoán Carmona Badía.
Nesta ponencia, o relator falará das orixes e a evolución da industria na Mariña, enfocando o tema sobre todo nos dous grandes proxectos desenvolvidos na bisbarra (Sargadelos e Alcoa), as razóns e as características que se deron para a implantación de ambos proxectos que, coas súas diferenzas e peculiaridades, tiveron gran repercusión.
A conferencia será difundida na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio: https://es-es.facebook.com/pg/marinhapatrimonio/events/?ref=page_internal , no apartado de eventos de acceso libre. Poderán facer preguntas e mais comentarios por escrito, mentres dure a intervención, e que serán trasladados ao relator.