Mariña Patrimonio organiza unha actividade co fin de coñecer o patrimonio de Trabada
Mariña Patrimonio organiza unha actividade para o próximo sábado, día 1 de abril, co fin de coñecer o patrimonio de Trabada. En xornada de mañá, está previsto achegarse ao marco da Pena Verde, ás mámoas das Pallaregas e visitar a Igrexa de Vilapena e mailo Museo Etnográfico de Rocha, en Trabada. Tralo xantar, no mesón Camiño Norte de Trabada, visitarase a igrexa de Sante e finalmente rematará a xornada cunha visita a un obradoiro dunha ceramista local.
A data para apuntarse rematou xa, pero se algunha persoa máis quere participar, comuniqueo o antes posible a mr.patrimonio@gmail.com para facilitar a organización da actividade. O itinerario do autobús será, desde Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Trabada.
Para máis información e coñecer os detalles desta visita ao concello de Trabada, pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio http://mrpatrimonio.blogspot.com.