Mariña Patrimonio organiza en Xove unha conferencia sobre Pardo de Cela

AMariñaXa
O acto terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove a partir das 20.00 horas
Pazo-de-Pardo-de-Cela–Rigueira
30 Xul 2024

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro venres 2 de agosto a conferencia Pardo de Cela e o pazo da Rigueira de Ferrol (Xove) a cargo do profesor Antón Meilán García. O acto terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove a partir das 20.00 horas.

Antón Meilán compartirá connosco a súa ampla investigación sobre Pardo de Cela. Ademais de contextualizar historicamente a figura do Mariscal, falará sobre a importancia que tivo o pazo da Rigueira na súa vida para concluír cunha reflexión sobre o personaxe Pardo de Cela como mito na actualidade.

0.15786695480347