Mariña Patrimonio organiza a presentación do libro 'A Invención da Gallaecia e a minaría romana'
A asociación sociocultural Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 24 de marzo a presentación do libro A Invención da Gallaecia e a minaría romana. Unha tese sobre as orixes de Galicia, de Óscar Pazos Rodríguez, xeólogo e estudoso da minaría de ouro en época romana.
A actividade terá lugar no Cenima de Foz e comezará ás 20.00 horas Mariña Patrimonio elixe para esta ocasión o Concello de Foz debido a que precisamente este concello conta con numerosas mostras de minaría antiga, entre as que destaca polas súas dimensións e bo estado de conservación a mina romana da Espiñeira, na desembocadura do Masma.
Segundo Óscar Rodríguez “o gran ciclo mineiro do ouro galaicorromano amorea unha chea de interrogantes arqueolóxicos, mineiros e xeolóxicos por resolver, mais sobre todo constitúe un problema histórico de seu que ten moitísima relevancia para os galegos...” Para dar resposta a algúns destes interrogantes, o autor sostén a tese de que na minaría do ouro está a razón histórica da invención e supervivencia da Gallaecia.