Mariña Patrimonio está a organizar unha visita a Sarria

AMariñaXa
Pola mañá, visitarán diversos lugares dentro da propia vila de Sarria, acompañados por Xaime Félix López Arias, "Arlindo", gran coñecedor da súa historia
1-mosteiro-magdalena-sarria
11 Out 2024

Mariña Patrimonio está a organizar unha visita ao patrimonio de Sarria para o domingo 20 de outubro, aproveitando que é día de feira. Pola mañá, visitarán diversos lugares dentro da propia vila de Sarria, acompañados por Xaime Félix López Arias, "Arlindo", gran coñecedor da súa historia. A visita da mañá rematará no campo da feira, onde teñen eservado un lugar para xantar. Nesta ocasión, cada quen encargarase de pedir o que desexe para xantar e de pagar directamente aos do mesón. Pola tarde, visitarán o mosteiro da Magdalena antes de regresar.

Está previsto que o bus saia da Cruz do Lobo ás 8.00 horas e recollerá participantes en Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro, desde onde iremos ata Sarria. Para ver os prezos, condicións e detalles da viaxe pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio. Tendo en conta que as prazas do bus son limitadas, o prazo para anotarse remata o día 15, cando se avisará para facer o ingreso correspondente na conta da asociación.

Para apuntarse, cómpre enviar un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, número de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar. Esta actividade conta coa colaboración da Vicepresidencia - Área de Cultura da Deputación de Lugo.

0.12514805793762