Mariña Gueimunde, do PP de Viveiro, comprométese “a propoñer obras de mellora" no CEIP Santa Rita de Galdo
AMariñaXa
Mariña Gueimunde, candidata do PP de Viveiro. Comprometeuse “a propoñer obras de mellora" no CEIP Santa Rita de Galdo
15 Maio 2023
A candidata do PP á Alcaldía de Viveiro, Mariña Gueimunde, ofreceuse a mediar entre a ANPA do CEIP Santa Rita, de Galdo, e a xefatura territorial de Educación para tratar de solventar a situación que deu lugar a convocatoria dunha protesta polo estado dalgunhas instalacións do centro.
Gueimunde sinala: “Reuninme onte ca ANPA para interesarme polo problema e ofrecinme para mediar coa xefatura territorial. Hoxe, luns, un técnico realizará a valoración e pedirá orzamento para realizar os traballos máis urxentes”.
Gueimunde comprometeuse “a propoñer obras de mellora á xefatura territorial, que realizaría o proxecto neste mesmo ano”.