María Loureiro reivindica a oficialidade do Camiño do Mar nas xornadas Mar por Medio

AMariñaXa
María Loureiro reivindica a oficialidade do Camiño do Mar nas xornadas Mar por Medio, dedicadas ás rutas xacobeas
xornadas mar por medio 2022
16 sep 2022

A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, participou nas xornadas culturais Mar por Medio. O Camiño do século XXI que tiveron lugar no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo. Loureiro sinalou na súa intervención a importancia que as rutas xacobeas teñen para a provincia, con 800 quilómetros de camiños oficiais e itinerarios alternativos no territorio, e subliñou que, desde os concellos e a Deputación de Lugo, “vimos reivindicando dende hai moitos anos a oficialización do Camiño do Mar, porque suporá unha ferramenta de modernización e de dinamización do turismo tanto de pegada nacional como internacional, e polo tanto, da actividade social e económica da nosa comarca”. Para a Deputada e rexedora viveirense é o momento “da máxima implicación coa Mariña” pola crise industrial e cre que o Camiño pode ser un elemento dinamizador moi importante.

Nas xornadas, que comezaron este venres e prolongaranse ata o domingo, 18 de setembro, participarán preto de 100 persoas e contarán con diferentes expertos e intelectuais de diversos ámbitos. María Josefa Sanz Fuentes, catedrática na Universidade de Oviedo, ofreceu a conferencia inaugural O Camiño de Santiago como elemento vertebrador de Europa.

0.17317795753479