María Lamas, usuaria do Hospital Asilo de Ribadeo, cumpre 100 anos
AMariñaXa
María Lamas Carreira do Hospital Asilo de RIbadeo cumpre 100 anos. E regalaronlle unha placa conmemorativa
11 Jun 2022
A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, visitou o Hospital Asilo para facerlle entrega a María Lamas Carreira dunha placa conmemorativa en nome da Corporación Municipal de Ribadeo. Esta muller cumpre hoxe 100 anos e celebrou esta data tan especial xunto á súa familia e ás compañeiras e compañeiros do Hospital Asilo, soprou as velas, compartiron tarta e contaron con actuación musical.
Mónica Freire felicitou a María Lamas, a usuaria máis lonxeva do Hospital Asilo. Acompañou á concelleira nesta visita José Luis Gegunde, traballador social do Concello.