María Isabel Fernández García presentou a nova edición do libro 'Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada'
AMariñaXa
A Vicepresidencia da Deputación foi a encargada de editar a nova versión do libro
26 Maio 2024
A Vicepresidencia da Deputación editou unha nova versión do libro 'Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada' da catedrática de Química Inorgánica da USC María Isabel Fernández García.
A autora presentou a nova edición do libro, que documenta a traxectoria da pioneira farmaceútica, na Feira do Libro de Ribadeo.
O Servizo de Publicacións coordinou unha nova versión deste estudo, que se presentou esta tarde na Feira do Libro de Ribadeo Letras no Campo.
A autora, acompañada polo responsable do Servizo de Publicacións Brais García, repasou a biografía da farmacéutica da ribadense e o traballo de documentación desenvolvido para rastrexar unha traxectoria pioneira.