María Gueimunde é a nova presidenta do PP de Viveiro
A nova directiva do PP de Viveiro está liderada por Mariña Gueimunde co fin de "traballar e poñer coto ao desgoberno que temos”, explicou a popular, visiblemente emocionada, pero coa enerxía que a caracteriza.
Gueimunde considera que “polo que nos teñen que identificar é polo traballo, a sensatez, e a humildade”; valores que, engadiu, “están no ADN do PP e neste equipo que hoxe arranca”. “O reto é ilusionante. Por traballo non vai quedar. Viveiro está peor ca nunca: axudas que se perden, instalacións deportivas que se caen ou con goteiras, facturas que non se pagan e algunhas das que se pagan ben poderían destinarse a servizos públicos e non á propaganda do PSOE e dunha alcaldesa que fai de todo, menos xestionar os recursos que temos”, apuntou.
Por este motivo, expuxo: “temos compromiso e temos un verdadeiro proxecto e cidade, tal e como levamos no noso programa electoral. O que nos queda é traballo, traballo e traballo”, remarcou.
Pola súa banda, a presidenta provincial, Elena Candia, puxo en valor “o tesón” da nova presidenta, destacando que “non me cabe a menor dúbida de que Viveiro está nas mellores mans”.
A este respecto, tanto Gueimunde como a máxima dirixente dos populares lucenses tiveron palabras de agradecemento para o equipo saínte. “Se o PP de Viveiro está forte e unido tamén é pola súa entrega e xenerosidade política”, afirmou Candia. E é que, segundo sinalou Gueimunde, “este proxecto non se entendería sen os que nos precederon. A todos eles lle quero expresar o meu agradecemento publicamente”, matizou.
Equipo popular da nova directiva
A nova dirección está reforzada por “incondicionais do Partido Popular e ex concelleiros que se quixeron sumar a este proxecto, "o difícil proxecto de facer oposición”, continuou Gueimunde.
“Sigo confiando no groso da lista electoral que hai tan só seis meses me acompañaron e con quen conseguimos gañar as eleccións do 28 de maio”, defendeu a nova cabeza dos populares en Viveiro.
A nova dirección estará formada, ademais de pola presidenta elixida, por Martín Vale Cobo (vicepresidente), Sary Ventura Fernández (secretaria), e Erea Rivera Vázquez (vicesecretaria). 12 Coordinadores: Virginia Fernández Lage (Educación e Cultura), Inma Nespereira Domínguez (Deporte), José Soto Martínez (medio rural), Pablo Varela Sánchez (saúde e benestar social), Domingo González López (hostalería, turismo e comercio), Alejandro González López (economía e industria), Francisco Cora Fernández (mar), Vicente Vázquez Chao (obras e medio ambiente), Cristina García Lage (muller e xuventude), Javier Illán Álvarez (prensa e comunicación), Saray Ventura Fernández (redes sociais) e Inés Castro Ruíz (servizos informáticos).
Tamén conta con 17 vogais, que son María Luisa Alonso Vilasuso, Camilo Arias Rial, Eva Castro Ruiz, María José Dablanca Ferreño, Laura Díaz Lamela, Luis Vicente Fernández Osorio, Marta García López, Jorge Gómez Santos, Elena González Eijo, Verónica Mantilla Rodríguez, Carlos Martínez Fernández, José Darío Paz Veiga, Regina Pigueiras Dominguez, Francisco Rivas Cao, Francisco Rivera Trobo, Claudia Esperanza Romero Ramírez e Gabriel Timiraos Delgado.
Gueimunde tamén integra no seu equipo aos oito membros das Novas Xeracións, que son Sofía García Trigo, Cristina García Lage, Jorge Gómez Santos, Alejandro González López, Claudia Prieto Sapena, Gabriel Timiraos Delgado, Pablo Varela Sanchéz e Ventura Fernández.
Os membros natos son todos os concelleiros e o deputado no Congreso, Jaime de Olano e o presidente de honra é César Aja.