María Edelmira Legaspi celebra o seu 101 aniversario en Alfoz

AMariñaXa
A alcaldesa visitouna no seu domicilio para felicitala en nome do Concello e entregarlle un agasallo
aniversario-edelmira-101-anos-alfoz
12 Feb 2025

O pasado luns 10 de febreiro, María Edelmira Legaspi Trelles celebrou o seu 101 aniversario acompañada pola súa familia en Carballido, Alfoz. Con motivo desta data tan especial, a alcaldesa do municipio, Efigenia Maseda, achegouse ata o seu domicilio en representación do Concello para entregarlle un agasallo composto por unha cesta con diversos produtos e un ramo de flores.

A rexedora destacou a importancia das persoas maiores na comunidade e puxo en valor a experiencia e os coñecementos que transmiten ás novas xeracións. "O noso concello é máis rico grazas a persoas como Edelmira, que acumulan anos de experiencias e valores", afirmou Maseda.

Dende o Concello de Alfoz, sumáronse ás felicitacións para desexarlle a María Edelmira moitos máis anos de saúde e felicidade.

0.16771483421326