Maremasma venceu na primeira regata da Semana Náutica Ría de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Maremasma venceu na primeira regata da XXIX Semana Náutica Ría de Ribadeo, o trofeo Acisa de cruceiro local, que se disputou esta semana con seis embarcacións.
69623069_2418303091746414_1989622958259175424_n
7 Ago 2019

Maremasma venceu na primeira regata da XXIX Semana Náutica Ría de Ribadeo, o trofeo Acisa de cruceiro local, que se disputou esta semana con seis embarcacións. Os participantes tiveron que enfrontarse a unha tarde de escaso vento, o que obrigou aos patróns a dar o mellor dos seus coñecementos, segundo explicaron desde a organización que corre a cargo do Real Club Náutico de Ribadeo.

Despois de Maremasma os seguintes na clasificación na proba de onte foron: Xiringuelo, Bergamota, Tsunami e La Lola. A sexta embarcación participante, Pabana, tivo que retirarse. 

As actividades da XXIX Semana Náutica Ría de Ribadeo continuaron o martes, co IV Trofeo Banco Sabadell Gallego de vela tradicional. Este mércores, día 7 de agosto, terá lugar o XXIX Trofeo Concello de Ribadeo de vela tradicional. O xoves 8 desenvolverase o  VIII Trofeo Real Clube Náutico de Ribadeo Semana Náutica de cruceiro local e o venres 9 celebraráse o XXI Trofeo Diputación de Lugo de vela tradicional. Todas esas probas darán comezo ás 17:00 horas.

O sábado 10 ás 11:00 horas terá lugar o VI Trofeo Seat-Talleres Armando Escolas de Verán de vela lixeira e a as 17:00 horas dará comezo o VIII Trofeo Abanca de cruceiro local. Finalmente o domingo 11 ás 11:00 horas terá lugar o XXI Trofeo Escola Municipal de Vela de vela lixeira e as 17:00 horas o I Trofeo Xunta de Galicia de vela tradicional.

O sábado 17 de agosto celebraráse o acto de entrega de trofeos da XXIX Semana Náutica a partir das 20:00 horas nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo.

 

0.10651707649231