Marcha a bo ritmo o panel informativo do de Monte Castelo realizado por artistas locais
Marcha a bo ritmo o panel informativo realizado polos artistas locais Belén Mogo e Martín Lestao na área recreativa de Monte Castelo.
Esta obra está creada con técnica misturada de mosaico en Gres Burela e baixo relevo, moi colorido e "que reflexa a zona en si e a cara labrega de Burela", din os seus creadores.
O rexedor burelés explicou que “estamos a recuperar un cartel que había na área, que era informativo pero tamén unha expresión artística e foi derrubado por un vehículo que tropezou con el e desfíxoo practicamente na súa totalidade. Entón decidimos recuperalo e vai ser novo, pero tamén artístico e levará información do que se pode atopar no Monte Castelo”.
Llano subliñou que “será unha obra bonita e que lle dá singularidade a toda esa zona”.