Mar Ferreiro leva a súa voz poética a LugoPoética: “Os soños non se poden quedar en soños, hai que intentar facelos realidade”

Por Ana Somoza.
A escritora mariñá Mar Ferreiro participa estes días no encontro LugoPoética da UNED de Lugo, onde compartirá escenario con Lucía López Cancio e Gustavo E. Díaz Rey. Autora do poemario Llegarás (entre tanto es tiempo de vivir y/o malvivir), adianta que xa traballa no seu segundo libro, esta vez en galego, e reivindica a lectura pública e o diálogo cultural como espazos de enriquecemento colectivo.
Mar, es natural de Lourenzá. Como influíron as túas orixes e a túa terra na maneira de entender a literatura e na túa voz como escritora?
Sempre me gustou moito ler e escribir, de sempre, de sempre. Eu, desde que teño o recordo de nenas, xa me encantaba ler. Imaxinarme outros mundos, outras persoas, outras, outras cousas distintas, non?
Despois da publicación de Llegarás (entre tanto es tiempo de vivir y/o malvivir), tes xa en mente algún novo proxecto literario que vexa a luz proximamente?
Pois si. Estou traballando na segunda obra, que tamén será de poesía, poesía en prosa, como eu lle chamo. Algúns deses poemas que xa estou a escribir, estreareinos en LugoPoética 2025. O título do libro aínda non o teño na mente, si que barallo varias posibilidades, pero si é certo que xa estou traballando nun segundo poemario porque me apetece, e porque teño as ideas no corazón.
"Llegarás (entre tanto es tiempo de vivir y/o malvivir)", o teu primeiro libro onde se pode mercar?
Véndese en plataformas en liña (Casa del Libro, Corte Inglés, Amazon, Fnac, etc,) e tamén na libraría SOÑOS EN PAPEL de Lourenzá, para que todas as persoas que non mercan en liña poidan facerse con el.
A túa formación é en Dereito, mais a literatura ocupa un lugar central na túa vida. Como convives con esas dúas facetas aparentemente tan distintas?
Ben, a miña faceta principal da vida é acompañar e coidar do meu pai pois desde que enfermou dunha demencia facio temporal, digo que é a miña tarefa, polo menos, da alma, non? Pois realmente me gusta e me satisfai como persoa. En canto traballo, o Dereito e a Literatura, non son tan incompatibles. O Dereito ten moito de Literatura, e a Literatura ten moito de Dereito, eu polo menos o veo así. Son totalmente compatibles e as dúas gústanme, o Dereito aporta xustiza na vida, que é moi necesaria, e a Literatura aporta creación, mundos imaxinarios, e acapara outros ámbitos que tamén son moi precisos na vida.
Participas no encontro LugoPoética da UNED de Lugo, onde compartirás escenario con Lucía López Cancio e Gustavo E. Díaz Rey. Que significa para ti formar parte deste evento?
Eu estou encantada pois todo o que sexa divulgar cultura, participar en certames, honrar as letras, ou calquera outra arte, pois me parece fascinante. A estes compañeiros non os coñezo persoalmente, pero seguro que teremos moitas cousas en común e vamos conectar moi ben. Para min significa un agradecemento enorme pois participar de eventos culturais, que precisamente non hai moitos na provincia de Lugo, ni tampouco moitos en Galicia, sempre é un pracer facelo.
Que cres que achega un diálogo a tres voces como o que ides protagonizar, fronte á experiencia máis individual dunha presentación convencional?
Bueno, un diálogo a tres voces implica sempre enriquecemento. Malia que aos meus compañeiros non os coñezo, seguro que teremos moitas cousas en común e tamén cousas moi diferentes que nos van enriquecer a todos, a nós e á xente que asista ou que escoite o diálogo. As experiencias individuais no ámbito da arte, do mundo artístico, deben ser compartidas con outras persoas, eu o entendo así. Non se quedan aí son un recuncho de ti, nun espazo pequeniño, senón que, todo o que é artístico tende a ser divulgado e coñecido, para que as persoas o desfruten. Entón este diálogo a tres voces, entendo que vai ser moi enriquecedor.
A lectura pública de versos é unha parte esencial deste evento. Que sentes cando compartes as túas palabras directamente co público?
A min encántame ler en público. Non é que teña gran facilidade de palabra ao mellor, nin de expresión, non nos sei, pero encántame. Ao ler en público, ves as persoas, podes visualizar as emocións que senten, as expresións do rostro, a atención que prestan, etc. Entón, entendo que a lectura pública é sempre moi enriquecedora, tanto para o que fai como para o que participe. Xa participei en varias e saín moi contenta delas, a verdade.
No proceso creativo, que che resulta máis inspirador: a vida cotiá, as emocións persoais ou a reflexión máis íntima?
Pois moitas cousas. Eu na miña creación particular e artística, fago uso da vida cotiá, do que son as xentes, nas persoas, na vida, das miñas emocións persoais, e de reflexións mais íntimas. Quero dicir, que é todo un conglomerado de cousas que me facilitan a creación. Eu participo de moitas cousa. O que si é que intento aproveitar moitos os momentos de inspiración, xa que non todas as horas ou todos os días serven para escribir, ou polo menos a min, podo escribir todos os días, pero non todo o que escribo me serve. Entón procuro aproveitar moito cando sento a inspiración ou teño unha idea moi clara ou sento moi forte algo, e para min é moito máis fácil cando é así.
A Mariña é terra de escritoras e escritores con moita pegada. Cres que as orixes inflúen no xeito de escribir e no que un quere contar?
Si. Pois aquí en Lourenzá temos a Fernández del Riego, en Mondoñedo, a Álvaro Cunqueiro e moitos máis, entre os máis coñecidos. A min Cunqueiro sempre me gustou moitísimo e cando o leo desfruto moito. Para min, como outros din, é o creador do realismo máxico e ten pegada e moita influencia. Todo o que un le, e todo o que usa preto, ten influencia no que un escribe, desde logo, non se pode obviar. Despois, ti imprimes o teu selo particular ou as túas crenzas ou as túas vivencias, as túas emocións ou a túa propia creación, no que podes chegar a crear, pero realmente todo o que lemos ten influencia.
Falando do futuro, estás xa a traballar nalgún novo proxecto literario?
Si, xa como te dixen antes estou traballando no segundo, que aínda non ten título. Espero que teña tan boa collida como o primeiro, O segundo vai ser en galego é a diferencia importante.
Como lectora, que autoras ou autores te marcaron especialmente e che serven de referencia?
Eu teño moitas referencias de autores e autoras, pois gústame ler en xeral, sobre todo aos clásicos, autores clásicos e creo que son a esencia da arte e da literatura en especial. Podo mencionar a Álvaro Conqueiro, porque me encanta toda a súa obra; Dostoyevsky, e todos os rusos encántanme; os Premios Nobel de Literatura, pois tamén case todos adoitan gustarme; Mario Vargas Llosa, tamén é outro autor de cabeceira. Podería falar de tantos, tantos autores e de tantos libros que teríamos que facer outra entrevista.
Por último, que lle dirías a alguén que soña con escribir pero aínda non se atreveu a dar o paso?
Pois eu diríalle que que hai que atreverse, que o medo non é compañeiro bo en nada. A prudencia si, pero o medo non. Entón, pois a quen lle guste escribir e soñe con escribir, que escriba xa que sempre vai haber algunha editorial que aposte por esas letras ou se non hai editorial, sempre está a posibilidade de editalo un mesmo. Entón os soños non se poden quedar en soños, os soños teñen que intentar facerse realidade, entón, hai que animarse, atreverse, e perder o medo.