Mar e Monte comeza este sábado unha serie de roteiros por Barreiros

AMariñaXa
O colectivo barreirense Mar e Monte retomará este sábado as súas actividades cun roteiro circular polo termo municipal.
roteiro barreiros mar e monte_portada
12 Mar 2021

O colectivo barreirense Mar e Monte retomará este sábado as súas actividades cun roteiro circular polo termo municipal "para coñecer e redescubrir Barreiros paso a paso".

A primeira, este sábado 13, terá como lugar de saída e chegada será a fonte da Formosiña co obxectivo de percorrer nove quilómetros dende as dez da mañá. A cita será  no bar Moderno de San Cosme.

Ao finalizar o roteiro haberá unha comida no restaurante Xoíña de Foz, para todo os que queiran.

Nesta nova tempada teñen previsto realizar un total de dez ou doce etapas e a quen as complete, daráselles un diploma acreditativo firmado por Mar e Monte.

roteiro barreiros mar e monte
0.083115100860596