Manuel Otero, alcalde oficialmente

AMariñaXa
En Mondoñedo, os votos de esquerdas acadados entre PSOE e BNG non serán suficientes para xuntar forzas e arrebatarlle a Alcaldía ao PP
manuel otero alcalde mondonedo
11 Xuño 2023

En Mondoñedo, os votos de esquerdas acadados entre PSOE e BNG non serán suficientes para xuntar forzas e arrebatarlle a Alcaldía ao PP.

O popular Manuel Otero será o novo alcalde de Mondoñedo despois de exercer este cargo durante dous anos trala marcha de Elena Candia para Lugo.

Os populares non conseguiron manter os 8 concelleiros do 2019, polo que esas dúas baixas sumáronse ao PSOE e o BNG, con 3 e 2 edís respectivamente.

O actual alcalde, Manuel Ángel Otero Legide, conta xa coa experiencia do tempo que leva á fronte do Concello. Otero Legide apóiase nunha lista de xente con experiencia, continuísta, deseñada para avanzar rápido e seguro na execución do proxecto do PP para Mondoñedo e para empezar a traballar dende o primeiro día.

Para Otero Legide é prioritario seguir avanzando na mellora e ampliación dos servizos sociais, así como completar a realización no ámbito da ordenación urbana, en xeral, e en especial do casco histórico. Nesta liña, a rehabilitación de inmobles é unha parte fundamental. Lembra que nestes anos pasados foi aprobado o PXOM e que será de grande importancia a aprobación do plan especial do casco histórico. Destaca a relevancia de conseguir no seu momento a declaración de ARI e o Plan Rexurbe. Otero pon de relevo a importancia que o PP dá a zona rural. “Para nós está no centro das nosas políticas, sempre foi unha prioridade; queda demostrado no traballo que levamos feito na mellora das estradas municipais”.

O PSOE, representado dende hai anos por, Esperanza González, e o BNG de Eloi Cabanas subiron ambos 1 edil. Esperanza González felicitou a Legide e engadiu que “seguiremos traballando e sento o altofalante dos veciños. Estaremos vixiantes e faremos unha oposición constructiva como ata o de agora”. Ademais dixo que seguirán escoitando e loitando “polos veciños do rural”.

Eloi Cabanas do BNG dixo que teñen un sentimento agridoce pois “tivemos uns resultados positivos e medramos en votos e conseguimos un concelleiro máis. Pero non conseguimos o noso obxectivo de arrebartarlle a Alcaldía ao PP”. “Na campaña vimos unha posibilidade e a veciñanza trasladounos unha valoración moi positiva pero ao final non foi así”, engadiu, “agora seguiremos traballando con honestidade, colaborando e tentando sacar adiante puntos do noso programa”.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • Manuel Ángel Otero Legide PP
  • María Ángeles Rodríguez Rico PP
  • José Otero Rejes PP
  • Manuel Tapia Rivera PP
  • María Patricia Otero Doural PP
  • Alberto García Fernández PP
  • Esperanza González Martín PSOE
  • Francisco Domenech Fanego PSOE
  • Modesto Díaz García PSOE
  • Eloi Cabanas Ramos BNG
  • Josefa Carballeira Díaz BNG
Esperanza González PSOE Mondonedo 2023  7
Eloi Cabanas BNG Mondonedo 2023  3
mondoñedo 2023
0.18957185745239