Manuel Gago e Susana Sánchez estarán no Outubro literario de Foz
Este xoves día 21 de outubro celebrarase en Foz a segunda xornada do Outubro literario na que estarán Manuel Gago e Susana Sánchez Arins para falar de Memoria e Literatura. Esta xornada será ás 20.30 na casa da cultura de Foz.
Susana Sánchez Arins é autora da novela Seique coa que acadou o premio ao mellor libro de ficción otorgado polas librerías de Madrid ademáis de un gran recoñecemento de público e crítica.
Nesta novela a autora achega a represión franquista da postguerra a través dunha persoa da súa propia familia, o tío Manuel, do que sempre se falou entre marmurios… de ahí o título da novela.
Manuel Gago é autor de varias novelas ambientadas en distintas épocas da historia de Galicia. A última, Nús, desenvólvese durante a transición, unha época apenas tratada na narrativa galega.
Manuel Gago, ademáis, é un incansable pescudador e divulgador da nosa cultura e sobre todo, do noso patrimonio arqueolóxico.