Manuel Fernández reincorpórase a Alcoa como director de operacións de aluminio

AMariñaXa
O profesor da Universidade de Vigo, Manuel Fernández, reincorpórase a Alcoa como director de operacións da planta de aluminio de San Cibrao.
manuel fernandez alcoa san cibrao director operacions 2022 1
28 Xan 2022

O profesor da Universidade de Vigo, Manuel Fernández, reincorpórase a partir do 15 de febreiro a Alcoa como director de operacións da planta de aluminio de San Cibrao.

O ex directivo da antiga planta da Coruña "“achegará liderado estratéxico e xestión operativa”, dixeron dende a multinacional americana. Será o responsable “de impulsar a estratexia a medio e longo praza da planta e dos seus resultados operativos, incluídas as áreas de EHS, recursos humanos e satisfacción do cliente en calidade e subministración”.

Así mesmo, imparte clases de termodinámica e enxeñería térmica como profesor asociado na Universidade de Vigo.

A factoría ten as cubas paradas nun estado de hibernación desde este mes de xaneiro e previsiblemente manterase ata 2024, en base ao acordo alcanzado entre a compañía e os traballadores.

0.19577813148499