Mañá vaise aglomerar a rotonda de inicio da avenida Ría de Ribadeo
AMariñaXa
O Ministerio de Transportes acometerá este domingo traballos de aglomerado no inicio da avenida Ría de Ribadeo
4 Xuño 2022
O Ministerio de Transportes acometerá este domingo traballos de aglomerado no inicio da Avenida Ría de Ribadeo, na rotonda na que conflúe coa estrada nacional 634 e coa circunvalación.
Segundo explica a concelleira de Obras, Mónica Freire, “trátase dunha obra de conservación que levamos pedindo desde hai moito tempo desde o Concello de Ribadeo e que agora vai realizar o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana”.
A edil ribadense sinala que “está previsto que os traballos dean comezo mañá, domingo, ás once da noite e que rematen de madrugada. O obxectivo é causar as mínimas molestias posibles. Os vehículos van poder circular en todo momento con pasos alternativos”.