Mañá será a primeira das actuacións de teatro afeccionado do Valadouro
AMariñaXa
Volve o programa de teatro ao Valadouro cargado de actuacións para o sábado 13 e 27 e o domingo 21 de novembro
12 Nov 2021
O salón de actos da casa da cultura do Concello do Valadouro acolle para os sábados 13 e 27 e o domingo 21 de novembro varias actuacións de teatro ás 19.00 horas.
A primeira, este sábado 13, será O Lazarillo do Miño, unha obra a cargo de Pinchacarneiro. A seguinte representación será o domingo 21 e poderase desfrutar de O Grocho de Teatro de ningures. Xa por último o sábado 27 será a quenda de Cousas de bares de Lume Escénico.
As entradas son de balde ata cubrir aforo baixo o protocolo covid para espectáculos en auditorios.