Esta festa gastronómica reparte en cada edición máis de 1.500 racións o que case equivale a catrocentos quilos deste marisco.
A festa lévase a cabo na praza do Concello, nunha carpa instalada para a ocasión, e o produto procede das lonxas da zona onde se venden os máis grandes e mellores percebes dos cantís da Mariña e Ortegal.
