Mañá rematan os mércores de natureza do Vicedo
Mañá, mércores 7, rematan os mércores de natureza do Concello do Vicedo os cales tiveron como sempre unha moi boa acollida entre os turistas e moita xente de toda comarca.
Nesta ocasión será unha baixada do río Sor onde poderase disfrutar de espazos tan fermosos como as ribeiras do Sor e a súa área recreativa, a Illa de San Martín e o lugar de Creximil, as pontes sobre o río Sor, O Barqueiro e o Porto do Vicedo.
O punto de encontro será o peirao do Vicedo ás 16.00 horas e dende alí os participantes desprazaranse en vehículos da empresa dos kayaks ata as ribeiras do Sor, onde partirá a ruta. Irán descendendo ata rematar, dúas horas despois, no peirao do Vicedo.
O prezo desta actividade é de 17 euros por persoa e inclúe transporte ata o punto de inicio, equipo de seguridade adecuado e acompañamento con guía. Para participar é necesario a inscrición chamando ao teléfno 982 59 01 95.