Mañá comezan os Mércores de natureza do Vicedo
O vindeiro mércores 7 de xullo ás 16:30 horas na praia de Arealonga iniciase unha nova edición dos Mércores de natureza. Trátase de mostrar os recuncho do noso municipio e da comarca dunha forma tranquila, en sendeirismo, kayaks ou mesmo combinando as dúas actividades. Neste mes de xullo iniciaremos este mércores 7 cunha actividade na praia onde os participantes poderán descubrir as praias en kaiak ou en táboas de Padle SUP. Ao tratarse da xornada de presentación, terá un prezo especial de 10€ por persoa e será realizada pola empresa Actividades Estaca.
Os mércores de natureza veñen de ser galardoados no ano 2020 pola Deputación de Lugo como unha iniciativa turística a destacar dentro da provincia e neste mes haberá varias actividades como unha ruta de sendeirismo nocturna o mércores 14, unha ruta de kayaks polo entorno da Praia de Abrela o mércores 21 e unha xeoruta por San Román e Xilloi o mércores 28 de agosto.
As inscricións para participar nas actividades deberán realizarse no teléfono 982 59 01 95 ou no mail turismovicedo@gmail.com