Mañá comezan as festas da Pontenova e a queima dos fornos
Os fornos da Pontenova volverán queimarse os vindeiros 6, 7, 8 e 9 de outubro nas súas tradicionais festas da Queima dos Fornos.
As festas arrancarán o día 6 de outubro, venres, con verbena, que estará a cargo de Hermo disco truck, DJ Bombardero e Cosmedeejay.
O sábado 7 será o día grande con celebracións de todo tipo e dúas citas imprescindibles, a sesión vermú e a verbena, na que destaca a presenza da orquestra Compostela. Tamén a partir das 19.00 horas será o show de Paulo Martinho,e despois da Hermo disco truck e Pedro Brmudz.
Será o sábado á noite, sobre as 0.30 horas cando teña lugar a tradicional queima dos fornos, que chega á súa XXIV edición.
Continuarán os festexos o domingo tamén con dobre cita musical, con Costa Dorada e París de Noia. Xa por último o luns 9 será a quenda de DJ Bombardero.