Máis dun cento de postos participarán no mercado semanal de Burela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Mañá, venres, terá lugar a terceira edición do mercado semanal de Burela na súa nova locación en Torrentes.
28 May 2020

Mañá, venres, terá lugar a terceira edición do mercado semanal de Burela na súa nova locación en Torrentes. O alcalde, Alfredo Llano, subliña que participarán máis dun cento de postos. Aos de alimentación súmanse agora os de roupa, calzado, apeiros, etc. Para o rexedor mañá será unha xornada de mercado importante en Burela.

Llano lembrou que “temos xa a terceira edición do mercado que se vai facer en Burela. Houbo a primeira onde se tratou de dar unha oportunidade a todo o mundo, tanto para os que traen os seus produtos para vender como para que a xente de Burela puidera desprazarse e participar nos mercados para ir dinamizando e ir tirando para adiante”.

O alcalde burelés dixo que “o Concello de Burela o que ten é a pretensión de facilitar a labor de todo aquel que queira dalgunha maneira ter unha oportunidade de venda ou económica. A segunda edición, que foi o venres pasado, xa tivo moita afluencia de público. Houbo 36 postos colocados, todos relacionados coa alimentación. Pero agora, que xa na fase 2 pode vir quen queira ao mercado, xa temos case 110 postos solicitados. Polo tanto o mercado de mañá, venres, vai ser un mercado importante en canto ao número de postos. Tamén vai estar bo día e penso que vai ser unha oportunidade grande de que se achegue moita xente a Burela, sempre cumprindo cos protocolos loxicamente, que desfrute dun bo día de mercado e despois poida espallarse e dar unha volta por todo o concello e tamén facer algún consumo por aquí”.

O rexedor cre que “imos ben no aspecto de que cada vez está medrando máis. Hai moito interese en vir a Burela cos diferentes postos. Estaban os de alimentación e agora están os de roupa, apeiros e toda a diversidade que pode existir nun mercado. Así que esperemos que iso dea lugar a consolidar un importante mercado en Burela e desde logo que sexa un atractivo máis para o noso concello”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17704296112061