Máis dun cento de nenos participaron este ano nas escolas deportivas de Cervo

AMariñaXa
O Concello de Cervo despideu unha “tempada de récord” das Escolas Deportivas Muncipais que contaron con máis dun cento de nenos
Cervo clausura curso escolas deportivas infantis
8 Jun 2022

O Concello de Cervo despideu unha “tempada de récord” das Escolas Deportivas Muncipais que contaron coa participación de máis dun cento de nenos e nenas nas modalidades de voleibol, patinaxe artística, ximnasia rítmica e multideporte.

Para clausurar a tempada, o Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes, organizou unha serie de eventos e actividades, para que os pequenos/as amosasen as habilidades adquiridas nestes meses.

Así, tivo lugar a clásica exhibición de patinaxe na que participaron unha vintena de mozas que amosaron no pavillón do CEIP de Cervo a súa destreza sobre os patíns; e tamén se programou o VI Torneo de Volei Concello de Cervo no que competiron o EDM Cervo, o A.D. Xiria Volei de Carballo e o Narón Volea, nas categorías alevín, cadete, xuvenil e sénior. 

Este luns, desde as 16:30 horas, tivo lugar unha xornada de portas abertas de ximnasia rítmica no Pavillón da Veiga na que tamén participaron os/as pequenos/as que asistiron a multideporte. A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, foi a encargada de entregar os diplomas, que ao mesmo tempo son un vale para recoller un agasallo que está xa dispoñible na Casa da Cultura.

0.16353893280029