Máis de trinta negocios asociados a Acisa Ribadeo colaboran coa recollida anual da AECC

AMariñaXa
A campaña ponse en marcha con motivo do día internacional da loita contra o cancro de mama
cancro-mama-mulleres-lazo-rosa
16 Out 2024

Máis de trinta negocios asociados a Acisa Ribadeo colaboran nesta semana coa recollida anual de donativos da AECC con motivo do día internacional da loita contra o cancro de mama. A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, dixo que “esta campaña desenvólvese coincidindo coa celebración día internacional da loita contra o cancro de mama, que ten lugar o 19 de outubro, xornada na que as asociacións fan fincapé na importancia da investigación, da ciencia, da prevención e da saúde”.

Cruzado Iglesias indicou que “se precisan recursos para estudar, investigar e previr esta enfermidade así como para tratar e acompañar ás mulleres que a sofren, por iso facemos un chamamento moi especial a toda a cidadanía a que aporten o que poidan para esta importante causa”. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “xeralmente finalizamos esta campaña de recadación moi satisfeitos e gustaríanos este ano superarnos”.

E engadiu que “as persoas que desexen colaborar coa Asociación Española de Loita contra o Cancro de Ribadeo poden deixar os seus donativos nos seguintes locais: Gasolinera el Jardín, Siñeiro Hogar, Susana Moreira, Agora, Oticalia Ribadeo, La Coqueta, Xeito Decoración, Grisi, O Lar de Manolo, La Oveja Negra, Hostal Churrería Linares, Farmacia Maria Eugenia, Bar Queimada, By Hortensia, Anais, Mercería Torviso, Calzados La Moda, Sargadelos Ribadeo, R23, Farmacia Álvarez Lebredo, For Friends, Esprit, Cuatro Vientos, Jatay, Coco, Sanjurjo Moda, Mika, Mariscos Ribadeo, O Indiano, Serendipia, For Friends Outlet y Ohana. Dende Acisa queremos agradecer a colaboración destes establecementos e tamén da AECC, que nos permite de novo botarlles unha man nesta importante causa”.

0.18116307258606