Máis de medio cento de vehículos clásicos toman parte nunha exhibición en San Cibrao
AMariñaXa
O Peirao de San Cibrao acolleu unha exhibición de coches antigos das décadas dos 60, 70 e 80
6 Ago 2024
O Peirao de San Cibrao acolleu unha exhibición de coches antigos. Participaron máis de medio cento de vehículos clásicos das décadas dos 60, 70 e 80 No encontro, organizado por Autoclásicos da Mariña Lucense coa colaboración do Concello de Cervo, tamén estivo presente Santi Martínez, un experto neste mundo que conta cunha canle de YouTube especializada, que asistiu co seu Citröen CX GTI.
As persoas que se achegaron ata o Peirao tamén puideron ver un Renault Gordini, coñecido como o coche das viúvas, porque tal e como contan, a súa inestabilidade nas curvas provocaba accidentes mortais, e as mulleres dos falecidos herdaban os coches. Ou tamén puideron ver de preto un Simca Ariane, un modelo que tan só se fabricou nos anos 1965 e 1966.