Máis de cento cincuenta actividades de Nadal na Mariña lucense

O Nadal 2025 en A Mariña promete ser un dos máis completos dos últimos anos, cunha programación cultural, deportiva e infantil que abarca desde decembro ata xaneiro en concellos como Foz, Burela, Ribadeo, Cervo, Pontenova, Mondoñedo, Alfoz, Xove e O Valadouro. As actividades inclúen espectáculos musicais, teatro, cabalgatas, obradoiros, inchables, cine, rutas e citas solidarias, pensadas para todas as idades.
Foz: música, teatro e Papá Noel
O Concello de Foz iniciou o seu programa o venres 19 de decembro ás 20:00 horas co Festival da Escola de Música na Sala Bahía. O sábado 20, tamén ás 20:00 horas, terá lugar o Festival de Nadal da Coral Polifónica na Igrexa Parroquial. O domingo 21, ás 12:00 horas, a Sala Bahía acollerá o Musical de Nadal O Feitizo.

O mércores 24 de decembro, Papá Noel percorrerá as rúas de 11:00 a 13:30 horas. A programación infantil continuará o sábado 27 e domingo 28 con inchables e xogos en horario de mañá e tarde, e ás 20:00 horas do 27 celebrarase un concerto da Banda Municipal, mentres que o domingo 28 ás 12:00 horas terá lugar a obra Esperando ao doctor Monifate… con Lombao. A Festa de Fin de Ano organizarase o mércores 31 pola tarde na Sala Bahía, e o luns 5 de xaneiro chegará a esperada Cabalgata de Reis. O programa pecharase en xaneiro co Festival Infantil A Subela (10 de xaneiro), a Festa de San Brais (30 de xaneiro) e a Cea de Coroación (31 de xaneiro).
Burela: unha axenda cultural diversa
Burela presenta actividades na Casa da Cultura desde o sábado 29 de novembro, ás 20:00 horas, coa representación do musical tributo Leyendas, de Queen e Michael Jackson. Durante o Nadal, haberá teatro, concertos, espectáculos humorísticos e actividades infantís ata o 30 de decembro. Algúns eventos con venda anticipada de entradas inclúen Leyendas, o concerto de tango Desde el jardín del alma (13 de decembro) e Romeo y Julieta de Prokófiev (26 de decembro). Outras representacións profesionais e afeccionadas, como Peitoescuro (6 de decembro) e Berenguela na gaiola (4 de decembro), contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación da Coruña.
Ribadeo: música, maxia e tradición polas rúas
Ribadeo combina música, teatro e tradición coas actividades familiares. Entre os eventos destacan o Festival de Nadal da EMMd (13 de decembro), teatro infantil Toliliates. Trécola Teatro (14 de decembro), e concerto do Coro Sagrado Corazón no Centro de Día (15 de decembro). O 19 de decembro haberá dobre celebración con Argaedo de Nadal na Residencia e Centro de Día. O 20 actuarán As Mestas de Conto na Biblioteca Municipal e Maxica-mente, promovido pola asociación Saúde Mental da Mariña.
O 21 de decembro a Papanoleada percorrerá as rúas e Rinlo, e ás 20:00 horas concerto da Coral Polifónica xunto ao Coro Sagrado Corazón na igrexa parroquial. O 24 celebrarase o Desfile de Papá Noel. O 27 de decembro haberá o espectáculo Aquí como en Viena. BMMR ás 19:00 horas no auditorio, seguido dunha festa de pre-fin de ano organizada pola asociación Catro Caños. O 28, a Coral Polifónica percorrerá as rúas; o 29 e 30 haberá sesións de cine de Nadal e actividades familiares no Parque de San Francisco, e o 30 ás 12:00 horas terá lugar a marcha Interxeneracional San Silvestre. O 31 celebrarase a tradicional Carreira San Silvestre, e en xaneiro, o 2 e 3, cantos de Reis e concerto con María do Ceo e a Coral Polifónica, pechando o 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis. O 10 de xaneiro finalizará a programación co Musical Mago de Oz e a festa do comercio.

Cervo: máis de trinta actividades
Cervo ofrece máis de trinta propostas, desde o 17 de decembro co Día do Socio do CIT ás 21:00 horas, ata o 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis. O 19 de decembro Papá Noel e un elfo visitarán os centros escolares pola mañá. Os días 20 e 21 celebraranse actividades xuvenís co Interactive Super Grid e a pista multobstáculos de 27 metros en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas na Praza dos Campos, xunto co Gautegue Arroutiñas de Nadal ás 19:30 horas.
O 21, Papá Noel volverá visitar o municipio; ás 17:00 horas en Trasbar, coa correspondente merenda e chocolatada. A Gala de Nadal terá lugar no Salón de Actos ás 19:30 horas. Os días 22, 23 e 24 desenvolveranse as actividades xuvenís Tren de Nadal e downhill rollerball, mentres que o 23 haberá nova visita de Papá Noel ás 11:30 horas na escola infantil e ás 17:00 horas no Centro de Día, ademais dunha Festa Acuática de 17:00 a 20:00 horas. O 26 celebrarase o Callo Fest ás 20:00 horas. O 27 e 28 desenvolveranse os Brincos de Nadal en horario de 12:00 e 17:00 horas, e o 29 e 30 Nerf, obradoiros de tatuaxes e chapas. O 30, ás 17:30, terá lugar outro Gautegue Arroutiñas de Nadal. O 31 a animación trasladarase á Praza dos Campos con alfombras de baile de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30 horas e a I Carreira Popular San Silvestre A Fume de Carazo ás 12:00 horas. O 2, 3, 4 e 5 de xaneiro completarán a programación con maxia infantil, concertos e Cabalgatas de Reis.
Mondoñedo: Vila Nadal e tradicións centenarias
Mondoñedo programou actividades desde o 12 de decembro coa exposición de Pepe Pernas ás 18:00 horas, recital de Nadal o 18 ás 20:30 horas e teatro co Ciclo Francisco Piñeiro o 19 ás 20:30 horas con Aire Fresco. O sábado 20 ás 20:30 horas, Asasinato na tenda de roupa, e ás 13:00 horas, concerto de panxoliñas Cantando ao Nadal. O 24 celebrarase a Misa do Galo á medianoite, e o 25 a Misa de Nadal ás 12:00 horas. O 26 ás 20:00 horas actuación da Banda de Música de Vilalba.
O sábado 27, ás 17:30 horas visita do Apalpador, e ás 19:00 horas apertura do Vila Nadal Mondoñedo, con foodtrucks, exposición de Harry Potter, espectáculos e artesanía. Ás 20:00 horas, concerto O Alento do Barroco Alemán no Centro Cultural Santa Emilia, e ás 00:30 horas baile de pre-fin de ano. O 28 continuarán as actividades con Bolechas ás 12:30 horas e Voces da Paula ás 18:00 horas. O 30, precampanadas infantís ás 18:00 horas con concerto de K-Pop, e ás 23:30 baile de pre-fin de ano. O 31, Andaina de Fin de Ano ás 11:00 horas e ás 23:59 horas as Badaladas da Paula. A Cabalgata dos Reis pechará o programa o 5 de xaneiro.
Alfoz: cultura, teatro e festa infantil
Alfoz comeza o 13 de decembro co espectáculo infantil O Castiñeiro do Apalpador, entrega de agasallos e exposición do XXIII Concurso de Postais de Nadal. O 19 de decembro entregarase o Concurso Balbino de Relatos, e o 20 e 27 de decembro concertos de Nadal a cargo da Banda de Vilalba e da Big Band da Escola de Música de Mondoñedo. O 28 e 29 de decembro celebrarase a Festa de Nadal no Pavillón Municipal con inchables, tobogáns xigantes, pista de obstáculos, obradoiros e xogos para todas as idades.

Xove: maxia, música e Cabalgata
Xove terá a VII Gala do Emprendemento Local o 12 de decembro ás 20:30 horas, concerto de Nadal o 20 ás 18:00 horas, e Cántares de Reis o 21 ás 12:30 horas. Os máis pequenos contarán con animación musical, visita de Papá Noel e chocolatada o 22 ás 17:30 horas, e o 23 ás 18:00 horas A Tola Academia de Maxia. O 26 concurso de karaoke ás 21:30 horas, o 30 obra teatral O Apalpador e a nena sen medo ás 18:00 horas e a festa infantil de Fin de Ano o 31 ás 11:00 horas. En xaneiro, actuacións de Os Acordeonistas da Mariña o 3 ás 19:00 horas, xogos acuáticos o 4 e Cabalgata de Reis o 5 ás 19:00 horas, seguida de festa coa Disco Móbil Conxuro.
A Pontenova: teatro e tradición con A Chocolateira
Na Pontenova, a Asociación Musical Eco das Minas, A Chocolateira, organiza un obradoiro infantil o 22 de decembro de 17:00 a 18:30 horas na Casa das Asociacións, con kamishibai e manualidades. O sábado 27, ás 17:30 horas, María Balteira ofrecerá un espectáculo familiar no Salón de Actos da Casa da Cultura. O 3 de xaneiro, a programación pecharase cos Cantos de Reis polas rúas da vila.
O Valadouro: teatro, cine e Cabalgata
O Valadouro iniciará as celebracións o 6 de decembro coa obra de Os Pícaros de Lagoa, seguido de A herencia de Xoana do grupo Abrente o 14 e o Concerto de Nadal do grupo Ao Compás do Río Ouro o 19. O 26 presentarase o Caderno 17 do Seminario de Estudos do Valadouro. En xaneiro, o 2 cine infantil, o 5 a Cabalgata de Reis coa recepción oficial e degustación de roscón con chocolate, e entre o 22 de decembro e o 2 de xaneiro obradoiros infantís de decoración, manualidades, karaoke, sesións de DJ, xincanas e escape room.