Máis de cen nenos e nenas de Cervo participaron na clausura da tempada das Escolas Deportivas Muncipais

AMariñaXa
O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes, organizou unha serie de eventos e actividades
Clausura-Escolas-Deportivas-2024-Cervo
10 Xuño 2024

O Concello de Cervo despediu oficialmente esta fin de semana a tempada das Escolas Deportivas Muncipais, que contaron coa participación de máis dun cento de nenos e nenas nas modalidades de voleibol, patinaxe artística, ximnasia rítmica e multideporte.

Para clausurar o curso, o Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes, organizou unha serie de eventos e actividades, para que os pequenos puidesen amosar as habilidades adquiridas nestes meses.

Así, o pasado venres tivo lugar no pavillón do CEIP de Cervo a clásica exhibición de patinaxe artística e de ximnasia rítmica na que participaron máis de medio cento de mozos e mozas que amosaron a súa destreza sobre os patíns e sobre o tapiz.

Xa o sábado tivo lugar o VII Torneo de Volei Concello de Cervo organizado polo Club Deportivo San Ciprián e polo Concello de Cervo, no que tamén participou o EDM Cervo.

En cada un dos actos desde o Concello de Cervo fíxose entrega dun diploma personalizado e dun agasallo a cada alumno que formou parte das Escolas Deportivas Municipais nesta tempada.

0.16262197494507