Máis de 90 xinetes percorreron Cervo na segunda edición da Ruta Cabalar

AMariñaXa
A asociación Cabaleiros da Bidueira organizou por segunda vez esta xornada ecuestre chea de música e diversión para todos os públicos
II-ruta-cabalar-cervo
II Ruta Cabalar da Bidueira, Cervo
15 Apr 2025

Este pasado domingo, 13 de abril, Cervo acolleu a segunda edición da Ruta Cabalar, unha cita organizada pola Asociación Cabaleiros da Bidueira e que reuniu a preto dun cento de amantes da natureza e da equitación.

A xornada deu comezo pola mañá no Polideportivo de San Román, desde onde os máis de 90 cabalos que, cos seus xinetes, comezaron un percorrido pola vila e a súa contorna, pasando polo Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.

Os participantes gozaron ademais dunha sesión vermú amenizada pola disco móbil Conxuro, e un xantar que reuniu a unhas 160 persoas.

⚙ Configurar cookies
0.18125796318054