Máis de 90 nenos participan nas escolas deportivas de verán de Ribadeo

AMariñaXa
Máis de 90 nenas e nenos participan nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo. Xa foi clausurada a de surf
2023 ribadeo clausura escola surf
25 Xul 2023

Máis de 90 nenas e nenos participan nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo. Xa foi clausurada a de surf e segue a de piragüismo. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “estivemos na clausura da escola municipal de surf. Desde o Concello queremos agradecer a todos eses monitores que cada verán desenvolven un traballo excepcional ensinándolles aos máis pequenos novos deportes nos que divertirse e poder practicar nun futuro, xa que quizais sen estas escolas non poderían acceder a eles”. 

En xuño tivo lugar a escola de vela e estes días rematará a de pesca deportiva. Está pendente de inicio a de skate. 

0.09593391418457