Máis de 500 alumnos da provincia gozarán de actividades filatélicas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os CEIP Álvaro Cunqueiro Moura de Mondoñedo, Plurilingüe Poeta Avelino Díaz de Meira e Paradai de Lugo son os tres centros seleccionados.
sellos del mundo
13 sep 2021

Os CEIP Álvaro Cunqueiro Moura (Mondoñedo), Plurilingüe Poeta Avelino Díaz (Meira) e Paradai (Lugo) son os tres centros seleccionados, co que as actividades chegarán a un total de 519 alumnos.

A Sociedad Filatélica Lucen publicou os tres centros escolares que foron seleccionados pola organización da Exfilna para as súas actividades escolares. Estes serán o CEIP Álvaro Cunqueiro Moura de Mondoñedo, o CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz de Meira e o CEIP Paradai de Lugo.

O resto das solicitudes teranse como lista de espera por se algunha incidencia impide levar a cabo as actividades nos elixidos.

Os tres centros reúnen a un total de 519 alumnos de primaria, que son os destinatarios destas actividades, en que un monitor da organización desenvolverá charlas e talleres, que se enfocan tanto á redacción e formato da carta tradicional (un mundo que hoxe día apenas coñecen xa que o habitual é acudir ao correo electrónico) como do coleccionismo filatélico.

Todo isto ten un custo cero para o centro educativo xa que a actividade finánciase a cargo dos orzamentos de Fesofi (a Federación de Sociedades Filatélicas) co apoio de Correos, polo que é unha ocasión extraordinaria de ter unha actividade adicional sen custo.

As actividades programaranse para o próximo mes de outubro, cando terá lugar a Exfilna en Lugo.

Ademais destas actividades, tanto os centros seleccionados como os demais poden concertar coa organización visitas guiadas ás tres sedes da Exfilna, que terá lugar entre os días 21 e 24 de outubro.

0.17193794250488