Máis de 400 alfocenses reuníronse no I Día da Veciñanza de Alfoz

AMariñaXa
O domingo 12 de maio celebrouse o I Día da Veciñanza de Alfoz.
13 May 2024

O domingo 12 de maio celebrouse o I Día da Veciñanza de Alfoz. As asociación veciñais do municipio xunto coa Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e en colaboración co Concello de Alfoz e a Federación de Asociacións de Lugo organizaron este evento que chegou a reunir a máis de 400 veciñas e veciños. “É un éxito de todas as asociacións, é un orgullo para o Concello ver como se organizaron e traballaron para que este día saíra tan ben”, apuntou o concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo.

“Debemos resaltar o papel das asociacións na dinamización das parroquias xa que fan as festas patronais e diversas actividades durante todo o ano de forma desinteresada, só pola satisfacción de ver á veciñanza gozar das mesmas”, engadiu o concelleiro. Dende a organización tamén se mostraron satisfeitos e contentos polo resultado da xuntanza: “Foi un día para o recordo, onde a xente ademais de comer e bailar puido recordar tempos vividos e conversar sobre como lles vai a vida. Esperamos volver a xuntarnos o ano que vén”.

0.16160678863525