Máis de 30 equipos participaron nas Noites de Fútbol de Cervo e agora é a quenda do básket
Máis dunha trintena de equipos participaron nas Noites de Fútbol 3x3 celebradas en Cervo. A clasificación quedou do seguinte xeito:
Na modalidad SUB 10, o primeiro equipo foi o 'Juve', o segundo 'Os viciados de Fornite' e en terceira posición quedou 'El equipo A'.
Na categoría SUB 12, 'Los cinco' foron os gañadores, seguidos de 'Las furias de Viveiro' e xa por último de 'Berta', en terceira posición
Os SUB 15 quedaron como segue, sendo o gañador o Rúa Team e o segundo clasificado o MD, mentres que a Sela quedou de terceiro.
En SUB 17, o Piemonte Calcio foi o vencedor, o Huaaaara quedou de segundo e o Rúa Team, de terceiro.
E polo que respecta á categoría Sénior, Fallamaticos remix foron os gañadores, mentres que a segunda e a terceira posición a repartiron o Piemonte Calcio e o RDT, como segundo e terceiro clasificado, respectivamente.
A semana do luns 5 de agosto en adiante é xa a quenda do básket 3x3.