Máis de 1.000 persoas pasaron pola oficina de turismo de Burela en agosto
O concelleiro de Turismo de Burela, Ramiro Fernández Rey, fai un balance positivo de mes de agosto no que 1.089 persoas pasaron pola oficina de turismo da vila. A maioría dos visitantes procederon de Madrid, seguidos de País Vasco, Castela-León e Galicia.
No mes de agosto o balance foiinferior ao do ano pasado, pero tendo en conta as circunstancias dende o Concello amósanse relativamente satisfeitos. Desas 1.089 visitas 268 pernoctaron en Burela, o que supón 25% das consultas realizadas na oficina de turismo. Iso quere dicir que a xente non se queda nun so lugar da Mariña, móvese dun lado para outro, e tenta coñecer varios sitios da comarca.
O concelleiro de Turismo dixo que “da maioría das visitas, un 42%, eran da Comunidade de Madrid. Tamén destacar a presenza de visitantes do País Vasco e tamén tivemos moitas visitas de Castela-León. Basicamente eses son os grupos que máis nos visitan, incluídos tamén os galegos”.
O edil burelés finalizou lembrando as festividades que non puideron realizarse “esperemos que as festas, como a Feira do Bonito, que no se puideron celebrar, poidan celebrarse no 2021, incluídas outras festas e celebracións de Burela, que este ano non puidemos realizar por responsabilidade”.