Mabel Flores cantará arroupada pola súa guitarra mañá en Ribadeo
A cantautora Mabel Flores cantará arroupada pola súa guitarra, en rigoroso acústico no quiosco da música de Ribadeo mañá venres 15 de abril ás 13.00 horas.
A cantante, fincada en Terrassa, publicou este 2021 o disco ' Meraki' ( Kasba Music, 2021). Un conxunto de 10 cancións con aires mestizos no que se achega ás raíces folclóricas suramericanas e mediterráneas, con chiscadelas á rumba, ao calypso, ao merengue, á cúmbia e ao corrido. E cunhas letras nas que incide na necesaria crítica social.
"O directo desta artista é sinónimo de música gozosa, de calidade e cunha sonoridade que fusiona raíces mediterráneas e
sudamericanas, pinceladas electrourbanas que lle dan un toque fresco e innovador e unha mensaxe combativa, libertaria e enxeñosa, propia de música de autora e en clave feminista", dixeron dende a organización.